ÍNDICE
1. Que é o amieiro?
2. Canto pode medir de alto?
3. Canto pode vivir?
4. Onde vive? Hábitat
5. Utilidade
6. Curiosidades
Fonte de información: www.rios-galegos.com
1. Que é o amieiro?
O amieiro é unha árbore. O seu nome científico é Alnus glutinosa (Alnus significa vivir a carón dos ríos e Glutinosa que as follas son pegañentas). En castelán chámase Aliso.
(Foto tomada da web rios-galegos.com)
2. Canto pode medir de alto?
Ata 25 metros.
3. Canto pode vivir?
Ata 120 anos. Como media vive uns 80 anos.
4. Onde vive? Hábitat
O amieiro vive ao lado do río. Pode chegar a estar a 1.200 metros arriba do nivel do mar.
5. Utilidade
O amieiro ten unha madeira branda que se usa para a carpintería fina, caixas, vasoiras, utensilios de cociña, e tamén se facían zocas porque é fácil de traballar e a madeira era cómoda para os pes.
6. Inimigos e enfermidades
Os amieiros teñen vermes que lles comen as follas, os egolásticas, que despois se converten nunha especie de escaravello. Pero o peor inimigos é un fungo, chamado "Phithophora alni", que mata os amieiros á beira do río é é unha praga que de momento non ten remedio. Ademais é moi perigosa porque se estende por moitos lugares.
7. Curiosidades
A leña é boa para os fornos porque dá moita calor. As follas úsanse para axudar a curar moitas enfermidades, e son moi boas para curar os pes feridos ou cansos de andar.
Para saber máis visitade a web www.rios-galegos.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario