xoves, 19 de xaneiro de 2017

Xogando ao xadrez


Gústame xogar ao xadrez, e o fin de semana pasado gañei o torneo provincial de Pontevedra, que se celebrou en Vilagarcía. Na foto estou co meu amigo Víctor, que tamén gañou un trofeo.



No campionato galego de xadrez, que se celebrou nos días 8 e 9 de abril de 2017, quedei  no 3º posto.

martes, 10 de xaneiro de 2017

O meu irmán Darío

Ao meu irmán Darío gústalle moito xogar cos Legos e ler libros, sobre todo os de aventura. Hai moitos tipos de legos : lego City,lego Technic,lego Ninjago,lego friends, lego creator, lego clasic, lego sped champions, lego nexo knights e o máis sinxelo é lego duplo,   Tamén lle gusta facer o pallaso. O que menos lle gusta e soportar a papa. 😀 E a min, Breixo, gústame facer cariñas :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :):):):)e tamén garabatos _{]*{~¬. E tamén quero contar que o meu irmán tamén ten un blog, coma o meu, e chamase Caderno de Darío.

domingo, 8 de xaneiro de 2017

O amieiro

ÍNDICE

1. Que é o amieiro?
2. Canto pode medir de alto?
3. Canto pode vivir?
4. Onde vive? Hábitat
5. Utilidade
6. Curiosidades

Fonte de información: www.rios-galegos.com

1. Que é o amieiro? 
 O amieiro é unha árbore. O seu nome científico é Alnus glutinosa (Alnus significa vivir a carón dos ríos e Glutinosa que as follas son pegañentas). En castelán chámase Aliso.
(Foto tomada da web rios-galegos.com)

2. Canto pode medir de alto?
 Ata 25 metros.

3. Canto pode vivir?
 Ata 120 anos. Como media vive uns 80 anos.

4. Onde vive? Hábitat
O amieiro vive ao lado do río. Pode chegar a estar a 1.200 metros arriba do nivel do mar.

5. Utilidade
O amieiro ten unha madeira branda que se usa para a carpintería fina, caixas, vasoiras, utensilios de cociña, e tamén se facían zocas porque é fácil de traballar e a madeira era cómoda para os pes.

6. Inimigos e enfermidades
Os amieiros teñen vermes que lles comen as follas, os egolásticas, que despois se converten nunha especie de escaravello. Pero o peor inimigos é un fungo, chamado "Phithophora alni", que mata os amieiros á beira do río é é unha praga que de momento non ten remedio. Ademais é moi perigosa porque se estende por moitos lugares.
 
7. Curiosidades 
A leña é boa para os fornos porque dá moita calor. As follas úsanse para axudar a curar moitas enfermidades, e son moi boas para curar os pes feridos ou cansos de andar.


Para saber máis visitade a web  www.rios-galegos.com