mércores, 30 de novembro de 2016

A fotosíntese



A RECETA DA FOTOSÍNTESE

Collede unha tarteira, botádelle un pouco de auga no fondo e un pouco de sal (cloro, sodio, potasio, magnesio, etc.), agora botámoslle un chisco de gaseosa (tamén vale Kas de limón ou laranxa, ou calquera refresco que teña gas, tamén chamado CO2). Agora ao lume, a quentar, deixar que ferva e... despois dun bo ratiño podemos levantar a tapa e atopamos... Oh, maxia! OSÍXENO E GLUCOSA, xusto o que a planta necesita para alimentarse e crecer! 


A tarteira das plantas son as follas, a auga e as sales minerais absórbena polas raíces, o CO2 está no aire. O calor do lume obtéñeno da luz do sol. Finalmente conseguen Osíxeno e Glucosa para alimentarse. 

Dito mais fino: A fotosíntese é o proceso polo cal as plantas producen o seu alimento. E fano sintetizando, transformando a auga e as sales minerais en glucosa e osíxeno, grazas á enerxía da luz do sol.

Atopei unha imaxe que explica moi ben o proceso no blog http://escuelabloguera.blogspot.com.es/2012/12/fotosintesisrespiracion-de-las-plantas.html 


Ningún comentario:

Publicar un comentario