mércores, 30 de novembro de 2016

A fotosíntese



A RECETA DA FOTOSÍNTESE

Collede unha tarteira, botádelle un pouco de auga no fondo e un pouco de sal (cloro, sodio, potasio, magnesio, etc.), agora botámoslle un chisco de gaseosa (tamén vale Kas de limón ou laranxa, ou calquera refresco que teña gas, tamén chamado CO2). Agora ao lume, a quentar, deixar que ferva e... despois dun bo ratiño podemos levantar a tapa e atopamos... Oh, maxia! OSÍXENO E GLUCOSA, xusto o que a planta necesita para alimentarse e crecer! 


A tarteira das plantas son as follas, a auga e as sales minerais absórbena polas raíces, o CO2 está no aire. O calor do lume obtéñeno da luz do sol. Finalmente conseguen Osíxeno e Glucosa para alimentarse. 

Dito mais fino: A fotosíntese é o proceso polo cal as plantas producen o seu alimento. E fano sintetizando, transformando a auga e as sales minerais en glucosa e osíxeno, grazas á enerxía da luz do sol.

Atopei unha imaxe que explica moi ben o proceso no blog http://escuelabloguera.blogspot.com.es/2012/12/fotosintesisrespiracion-de-las-plantas.html 


sábado, 26 de novembro de 2016

Os átomos

Preguntas

  1. Como se formaron os átomos?
  2. Todos os átomos son iguais?
  3. Que partes ten un átomo?
  4. Canto mide un átomo?
  5. Cal é o átomo máis sinxelo?
  6. De que son os átomos do corpo humano?
Respostas

 Como se formaron os átomos?

No Big Bang, a partir de particulas elementais (quarks, gluóns...), grazas ás altísimas temperaturas, presión, etc.






Todos os átomos son iguais?

Non, hai ata 118 átomos diferentes.

TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS





Que partes ten un átomo?

Núcleo: ten protóns e neutróns
Códea: ten electróns





Canto mide un átomo?

O átomo de Hidróxeno mide sobre 10 elevado a menos 10.

VÍDEO DE POTENCIAS DE DEZ






Cal é o átomo máis sinxelo?
O átomo máis sinxelo é o de Hidróxeno


De que son os átomos do corpo humano? 

Son de C H O N e algúns outros máis (Ca, P, K, Mg, Cl, Na, S...)
Neste enlace hai máis información.

venres, 25 de novembro de 2016

Os meus robots favoritos

A min gústame a robótica e programo en Bitbloq.
Aprendín a programar co Kit de Robótica.
O meu robot favorito é o PrintBot Evolution.
Os meus vídeos favoritos de robótica son os de Anita, que están en Youtube, e debaixo poño un exemplo.


Ola amiguiños!

Na miña primeira noticia vouvos ensinar a miña canción preferida do Xabarín Club!
O título da canción é XERACIÓN X, e cantan os TRUE MOUNTAINS